C.E.I.P. ROSALÍA DE CASTRO
Co obxectivo de pasalo ben á vez que vencemos o coronavirus, os Educadores e Educadoras do Programa de Ocio e Deporte do centro Rosalía de Castro presentamos o xogo "Xaque ao virus". Xuntos lograrémolo!
XAQUE AO VIRUS CHEGA AO SEU FIN, PERO AÍNDA QUE REMATEMOS UNHA ETAPA INICIAMOS OUTRA.
ANTE A NECESIDADE POR PARTE DAS FAMILIAS DE CONCILIAR, PODEREMOS GOZAR COS CAMPAMENTOS DE VERÁN 2020
A Federación Provincial de ANPAS, conxuntamente co Concello da Coruña, co fin de dar resposta ás necesidades de conciliación das familias, oferta unha proposta de actividades multidisciplinares para este período vacacional. A estrutura é semellante aos Campacoles de edicións anteriores, pero neste caso exclusivamente para as familias (ambos proxenitores ou familias monoparentais) que xustifiquen a necesidade de conciliar, xa que este é o eixo principal desta proposta. O programa "CON CILIA NO COLE" levarase a cabo en diferentes colexios públicos da cidade.
PREMENDO NOS SEGUINTES ENLACES PODEREDES VER TODA A INFORMACIÓN SOBRE O PROGRAMA "CON CILIA NO COLE" E TODO O RELATIVO AOS CAMPAMENTOS DE VERÁN:
SE PRECISADES MÁIS INFORMACIÓN TAMÉN PODEDES ACCEDER Á WEB DA FEDERACIÓN PROVINCIAL DE ANPAS ONDE FACILITAN UN CORREO ELECTRÓNICO E NÚMEROS DE TELÉFONO:
Qué tal estades a levar a semana? Este reto non consiste en escribir, tampouco en facer manualidades, soamente vos propoñemos que vos poñades cómodos e vexades o seguinte vídeo.
Mente en forma
Que mellor forma de adestrar a nosa mente ca un crucigrama? Porén, propoñémosvos un máis entretido ca os que adoitan facer os adultos: as definicións que debedes concretar e situar nas correspondentes celas do crucigrama son do mundo Disney. Seredes quen de completalo?
Corpo en forma
Hoxe temos que facer unha pequena sesión de estiramentos, soamente hai que seguir as indicacións do video de abaixo!!
Que vos parece facer a vosa plastilina na casa? Só necesitades algún ingrediente e moitas ganas de xogar.
Deixámosvos un link para ver o fácil que é facela, esta canle de youtube chamado Educando en casa, veredes que ten outros vídeos moi interesantes para facer outras atividades!
Agora podedes seguir en youtbe, convidámosvos a visitar a canle de Patry Jordan. A adestradora ten unha chea de vídeos que nos anima a facer exercicio físico. Ademais podedes visitar a súa páxina web onde podedes ter adestramento personalizado ou receitas para impresionar na cociña.
Deixámosvos unha ligazón que cremos que vos pode gustar!
A información é poder e por iso propoñemos votarlle un vistazo o seguinte enlace da revista quincemil, dónde recollen con detalle o que publica o BOE (Boletín Oficial do Estado) sobre o uso das mascarillas, que será obrigatorio a partir de hoxe:
MENTE EN FORMA:
Uns piraras descubriron o camiño cara un novo tesouro oculto e deixaron unha sinal indescifrable. Axúdasnos a comprender que dí a seguinte mensaxe?
RPAA CEHAGR OA SOTERUO ULTOCO SEBED CZARRU O PIOAT AD COALSE NE IDGAOALN. DRTESÁ HDUNA ACTAME OCN HUNA APNTLA, TPAOARSÁ O ROESTUO RAPA IT.
CORPO EN FORMA
O xogo da ferradura trátase dun xogo tradicional para o cal necesitamos un rolo de papel longo que se pegará nun prato de cartón e, ademais, diferentes platos recortados en forma de círculo como se ve na seguinte imaxe:
Para xogar podemos colorear os distintos platos que actuarán de ferradura e que debemos encestar nas barras facendo que cada color se corresponda cunha puntuación distinta, por exemplo o vermello 10 puntos e o amarelo 5 puntos.
Debemos situarnos lonxe do obxectivo e lanzar os discos tratando de encestar.
Cantos puntos fostes capaces de conseguir?
Podedes deixar a puntuación no apartado de comentarios e enviarnos o proceso como sempre, ao noso gmail.
Mente en forma
Novo comezo de semana. Hoxe para activar a mente deberedes comunicar nos comentarios cantos patiños aparecen na imaxe. Coidao, hai trampa! Hai mais patos do que parece.
Corpo en forma
No corpo en forma hoxe para comenzar a semana traemos un xogo divertido para que xoguedes con mais membros da familia!! o TENIS GLOBO!!
E moi faciliño como podedess ver na foto, tan so fai falta dous paliños de xeado mesmo, dous platiños de plastico ou cartón e un globo, facede vosos vídeos e mandadeos que temos que SEGUIR SUMANDO PUNTOS para deixar o noso colexio o mais alto posible!!
CONTINUAMOS COA DIVERSIÓN ON-LINE. MOITAS GRAZAS POLA BOA ACOLLIDA DAS SESIÓNS DA SEMANA PASADA. VOS PROPOÑEMOS MÁIS ACTIVIDADES DIVERTIDAS PARA FACER EN CASA. AHÍ VAI O CALENDARIO PARA ESTA SEMANA.
RESERVA A TÚA PRAZA ENVIANDO UN CORREO ELECTRÓNICO AO ENDEREZO DESTE BLOGUE.
ENVÍAREMOSCHE A ID E O CONTRASINAL PARA ACCEDER DIRECTAMENTE A SESIÓN ESCOLLIDA A TRAVÉS DA APLICACIÓN DE ZOOM.
Bos días rapaces, hoxe traemos un reto expréss diferente, HOXE E DÍA DE MUSEOS!! debedes facer de detectives averiguando que lugares son os que vos amosamos nas fotos e responder neste mesmo post dicindo o NOME DOS MUSEOS. RECORDADE que por cada resposta ides sumar 1 punto á vosa clasificación na que recordade HAI AGASALLO para o gañador final!!
Para o reto de mente en forma de hoxe só precisamos duns dados e a seguinte foto:
Para levalo a cabo debedes lanzar o dado tres veces e, segundo o resultado de cada unha das tiradas estableceredes un verbo, lugar e animal que debedes incluir nunha mini-historia. Por exemplo:
Posible historia: Cando vivía en México, fai moitos anos, coñecín unha tartaruga que escribía historias de medo pero era tan lenta escribindo que tardaba un día en rematar unha frase.
Lembrade que a historia debe estar en galego.
Podedes responder mediante comentarios ou mediante correo electrónico. Animádevos a participar!
CORPO EN FORMA
Para o corpo en forma teremos que dar unha volta sobre nós cun zapato na planta do pé sen que caia, aqui imos a sudar moito polo que acordadevos de quentar antes.
Bos días rapaces, hoxe traemos outra proba máis, na que debedes facer de detectives averiguando que lugares son os que vos amosamos nas fotos e responder neste mesmo post dicindo o lugar onde se tomaron. RECORDADE que por cada resposta ides sumar 1 punto á vosa clasificación na que recordade HAI AGASALLO para o gañador final!!
Mente en forma
Os xogos de atopar diferencias son exercicios moi bos para activar e manter a nosa mente sá. Por iso, debedes atopar as diferencias entre os seguintes debuxos.
Atoparédelas todas?
CORPO EN FORMA
Hoxe faremos un pouquiño de baile para activar o corpo, pero antes poñernos a bailar teremos que facer mobilidade articular para quentar ben.
Temos que seguir o vídeo de abaixo para o quecemento:
E ahora que xa quentamos iremos a poñernos a bailar!
Acordade sempre, disfrutar do movemento e pasádeo moi ben!
Bo día! Para amenizar este sábado deixámosvos o enlace á páxina web enRÉDate onde podedes mergullarvos nun dicionario virtual separado por bloques temáticos como a alimentación ou a roupa deseñado para fomentár o léxico de forma significativa e que vos permite acceder á súa pronunciación, ilustración ou enlaces a buscadores como a Wikipedia para obter máis información sobre a palabra e o seu significado.
Xogamos aos detectives!! 3 sitios, 3 fotos! Boas tardes rapaces, hoxe traemos unha proba máis aparte dos retos na que debedes facer de detectives averiguando que lugares son os que vos amosamos nas fotos e responder neste mesmo post dicindo o lugar onde se tomaron. Por cada resposta ides sumar 1 punto á vosa clasificación na que recordade HAI AGASALLO para o gañador final!!
MENTE EN FORMA
Para o reto de hoxe precisamos de poita paciencia e pulso, vamos construir torres de cartas! No vídeo que se mostra deseguido tratamos de facer unha. A ver quen consigue a torre máis alta de todas!
CORPO EN FORMA
Hoxe toca una circuito de exercicio para activar o día.
Fanse 2 voltas ao circuito (2 series) e entre cada serie descansamos 1 minuto.
Moi importante, acordarse de estirar os musculo ao final da sesión.
Skiping: 2 veces 40 segundos de exercicio e 20 segundos de descanso
Talóns ao gluteo: 2 veces 40 segundos de exercicio e 20 segundo de descanso
Paso do cangrexo: 2 veces 30 segundo de exercicio e 20 segundos de descanso
Sentadilla: 10 repeticións 2 veces e 10 segundo de descanso
Paso do oso: 2 veces 30 segundo de exercicio e 20 segundos de descaso
ESTREAMOS UN NOVO MES E TAMÉN NOVAS FORMAS DE GAÑAR PUNTOS PARA O TEU COLEXIO, QUE AGORA VOS PRESENTAMOS:
RETO EXPRESS
PREGUNTAS, REFRÁNS, ADIVIÑANZAS, PROBAS DE OBSERVACIÓN...RESPONDE RÁPIDO E GAÑA PUNTOS. SÓ TERÁS QUE ESCRIBIR A TÚA RESPOSTA NOS COMENTARIOS. ASÍ DE FÁCIL.
FOTOS DE PASEO
COMPARTE COS TEUS AMIGOS E AMIGAS OS TEUS PASEOS DIARIOS. OS PARQUES, PRAZAS, OU RÚAS POLA QUE ESTIRAS AS PERNAS ...AGOCHAN TESOUROS QUE PODERÁS DESCUBRIR CUNHA SIMPLE CÁMARA DE FOTOS. CONVÍRTETE NO MELLOR DETECTIVE E NO MÁIS INTRÉPIDO EXPLORADOR DO TEU BARRIO E GAÑA PUNTOS PARA O TEU COLEXIO.
XOGAMOS XUNTOS CLASES DE XOGOS, XIMNASIA, MANUALIDADES, CONTACONTOS, ... COS EDUCADORES DO TEU COLEXIO. EN DIRECTO OU PARA VER EN CALQUERA MOMENTO.
ESTADE MOI ATENTOS AO BLOG ...ESTOS NOVOS XOGOS PODERÁN APARECER PUBLICADOS EN CALQUERA MOMENTO!!!