Que
é "Xaque ao Virus"?
É unha proposta en liña para o
fomento da saúde tanto mental como física adaptada á situación do
confinamento familiar no que a sociedade española está inmersa
debido á pandemia provocada polo coronavirus. Dita proposta está
orientada a todos os escolares rexistrados nos programas municipais
“Deporte no Centro”, “Lecer Educativo” e “ Luditarde”,
para así seguir mantendo a oferta educativa a todas aquelas familias
rexistradas nos ditos programas.
Obxetivo do xogo.
O Xogo consiste na
superación de diferentes retos semanais para conseguir unha serie de
puntos ou “antivirus” necesarios para derrotar ao coronavirus e
avanzar postos na clasificación xeral.
Que son os Retos?
Son probas
sinxelas que tes que superar para acumular puntos para o teu colexio.
Cada reto constará de dúas probas:
- Proba CORPO EN FORMA: Serán
tarefas que teñen que ver coa actividade física e o deporte e que
poderás facer en casa.
- Proba MENTE EN FORMA: Serán tarefas que
fomentarán o desenvolvemento da túa creatividade. Cun pouco de
imaxinación, seguro que as feixes facilmente.
Os retos publicaranse
no blogue do xogo creado para o teu colexio os luns, mércores e
venres ás 12:00 h. DISPÓS DE 36 HORAS PARA REALIZAR CADA RETO.
Como
supero os retos?
É moi sinxelo bastará con que envíes unha foto do
reto ou un vídeo á dirección de correo electrónico deste blogue.
LEMBRA QUE A FOTO VALE 1 PUNTO E O VÍDEO 10 PUNTAZOS!!! Atréveche,
unidos venceremos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario