Ola super heroes e super heroinas.
Mente en forma
Que vos parece facer a vosa plastilina na casa? Só necesitades algún ingrediente e moitas ganas de xogar.
Deixámosvos un link para ver o fácil que é facela, esta canle de youtube chamado Educando en casa, veredes que ten outros vídeos moi interesantes para facer outras atividades!
Esperamos ver os vosos resultados.
Corpo en forma
Agora podedes seguir en youtbe, convidámosvos a visitar a canle de Patry Jordan. A adestradora ten unha chea de vídeos que nos anima a facer exercicio físico. Ademais podedes visitar a súa páxina web onde podedes ter adestramento personalizado ou receitas para impresionar na cociña.
Deixámosvos unha ligazón que cremos que vos pode gustar!
Moito ánimo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario