Mente en forma
Bos días amiguiñxs!
Hoxe expomos acertixos para que poñades o máximo a vosas habilidades mentais para solucionar o desafío! 3, 2, 1... comezamos!
1. Dous amigos xogan cinco partidas de xadrez, e cada un gaña tres.
Como pode ser?
2. Nunha habitación cadrada hai catro recunchos.
En cada recuncho hai un gato.
Enfronte de cada gato hai outros tres gatos.
Cantos gatos hai na habitación?
3. Catro irmáns pasan a tarde na súa casa porque está a chover.
O primeiro irmán está a ler.
O segundo está a xogar ao xadrez.
E o terceiro está a escoitar música.
Que fai o cuarto?
4. A un home cáeselle un teléfono móbil nun vaso cheo de café, pero non se molla.
Como é posible?
Corpo en forma
Música maestrx!!
Propoñemos un pouco de exercicio acompañado de música, soamente hai que seguir os pasos da coreografía!
Ante todo é para pasalo moi ben, e disfrutar!!
Recordade que para gañar puntos podedes contestar de maneira moi rápida, só teredes que escribir a resposta nos comentarios... así de fácil!
Ningún comentario:
Publicar un comentario