mércores, 20 de maio de 2020

Reto 26

MENTE EN FORMA:

Uns piraras descubriron o camiño cara un novo tesouro oculto e deixaron unha sinal indescifrable. Axúdasnos a comprender que dí a seguinte mensaxe?

RPAA CEHAGR OA SOTERUO ULTOCO SEBED CZARRU O PIOAT AD COALSE NE IDGAOALN. DRTESÁ HDUNA ACTAME OCN HUNA APNTLA, TPAOARSÁ O ROESTUO RAPA IT.


CORPO EN FORMA

O xogo da ferradura trátase dun xogo tradicional para o cal necesitamos un rolo de papel longo que se pegará nun prato de cartón  e, ademais, diferentes platos recortados en forma de círculo como se ve na seguinte imaxe:



Para xogar podemos colorear os distintos platos que actuarán de ferradura e que debemos encestar nas barras facendo que cada color se corresponda cunha puntuación distinta, por exemplo o vermello 10 puntos e o amarelo 5 puntos.
Debemos situarnos lonxe do obxectivo e lanzar os discos tratando de encestar.
Cantos puntos fostes capaces de conseguir?
Podedes deixar a puntuación no apartado de comentarios e enviarnos o proceso como sempre, ao noso gmail.


Ningún comentario:

Publicar un comentario