Para o reto de mente en forma de hoxe só precisamos duns dados e a seguinte foto:
Para levalo a cabo debedes lanzar o dado tres veces e, segundo o resultado de cada unha das tiradas estableceredes un verbo, lugar e animal que debedes incluir nunha mini-historia. Por exemplo:
Tirada 1: 2 (escribir)
Tirada 2: 2 (México)
Tirada 3: 4 (tartaruga)
Posible historia: Cando vivía en México, fai moitos anos, coñecín unha tartaruga que escribía historias de medo pero era tan lenta escribindo que tardaba un día en rematar unha frase.
Lembrade que a historia debe estar en galego.
Podedes responder mediante comentarios ou mediante correo electrónico. Animádevos a participar!
CORPO EN FORMA
Para o corpo en forma teremos que dar unha volta sobre nós cun zapato na planta do pé sen que caia, aqui imos a sudar moito polo que acordadevos de quentar antes.
Hai que facelo como o video de abaixo:
Ningún comentario:
Publicar un comentario