mércores, 29 de abril de 2020

Convidado Xesús Ferreiro

Boas tardes:

Queremos convidarvos a pasar un intre agradable de charla e exercicio físico!

Acompañaranos Xesus Ferreiro, 4 veces campión de boxeo, a nivel nacional. 
Xesús é coruñes, naceu o 24 de febreiro de 1985. 
Os 12 anos comezou na práctica do boxeo. Fixo o seu debut  o 7 de xuño de 2008 en Ferrol fronte ao boxeador portugués Fernando Fernandes,  ao que derrotou no cuarto asalto por KO técnico.


A cita é mañá as 18h a través de zoom, esta tarde teredes por correo a invitación e a clave para o evento. 


Lembrade que son 5 puntazos para loitar contra o virus. 

Seguimos loitando co Xaque ou virus! Ánimo!






Reto 17

MENTE EN FORMA

Apetécevos descubrir como crece unha planta día tras día? Pois hoxe vamos a sementar unha lentella. Porén, para facelo máis interesante, veremos que lle acontece ás prantas cando non reciben luz poñendo un vaso (onde sementaremos as lentellas) dentro dunha caixa e outro deixándoo fóra para que crezan.
No seguinte vídeo amosámosvos como facelo!


Despois dunha semana este será o resultado, as plantas do iogur de arriba son as que non estiveron á luz e, como vemos son moito máis brancas, por que pensades que pode pasar isto?


CORPO EN FORMA

Hoxe para activar o noso corpo vamos a adestrar un pouco a nosa flexibilidade cuns exercicios. No seguinte vídeo amosámosvos como superar o reto de hoxe.


luns, 27 de abril de 2020

Reto 16

Mente en forma 

Feliz día guapis!!  Hoxe luns e comeza unha nova semana. Que tal foi a primeira saída a rúa? Seguro que moi divertido e de maneira moi responsable. 

Propoñemosvos unha receita dulce e refresecante:


INGREDIENTES

• 1 cunca e 1/2 de iogur (de leite enteiro)


• 1 pexego


• 1/2 mango


• 10 frambuesas


• 1/4 cunca de azucre moreno de cana

• 2 culleradas de zume de mazá


• 1/2 cullerada de zume de lima




ELABORACIÓN



Nun cazo, combinamos o zume de mazá co azucre, e quentamos ata que o azucre se disolve por completo; deixámolo arrefriar.


No vaso dunha batedora, mesturaremos o iogur, o pexego, o mango, as frambuesas, o zume de lima e o zume de mazá. Batemos ata conseguir unha textura fina. Deixámolo arrefriar.


Se o desexamos, podemos engadir trociños de froita unha vez envorquemos a mestura nos moldes, como frambuesas, cereixas (sen óso), kiwi, plátano.

Vertemos a mestura nos moldes ou vasiños e introducímolos no conxelador. Se os moldes levan a opción de introducir o paliño facémolo neste momento. Se son vasiños, esperaremos uns 45 minutos e introducimos os paliños de madeira. Deixamos conxelar polo menos 6 horas.



Para servir, poñemos o vaso baixo o chorro de auga quente para que se separe das paredes, logo viramos o paliño de madeira para sacar o polo do molde.

Se non tedes moldes de polos, podedes utilizar uns vasos pequenos ou vasos normais e correntes, segundo a medida da que queirades o xeado. Bo proveito!!






Corpo en forma



A continuación para o corpo en forma imos mesturar diferentes exercicios de axilidade e de equilibrio.

Son mini xogos moi divertidos, esperamos que vos gusten.  Hai que axudar a sumar antivirus! Ánimo!







domingo, 26 de abril de 2020

Binta e a grande idea

Binta e o seu pai, un humilde pescador que, preocupado polo progreso da humanidade, está empeñado en levar a cabo algo que se lle ocorreu. Escribe unha carta que acaba llevándoo ao gobernador. Mentres tanto, a prima de Binta, Soda, non pode ir á escuela xa que o seu pai non llo permite. Ao longo da cortometraxe, o profesor da escuela prepara unha función teatral, na que se narrá a historia dunha nena que quere ir á escola, pero que non lle deixan. Toda a película trata sobre eses dous temas paralelos: como o pai de Binta quere levar a súa idea a cabo e de como a nai de Soda e a propia nena queren convencer ao pai de Soda para que poda ir ao colexio.
Esta e a sinopse de Binta y la gran idea; o enlace de interese de hoxe.
Se vos apetece ver unha película e reflexionar un pouco convídovos a desfrutar da obra desta obra de arte dirixida por Javier Fesser.
Podedes acceder a ela dende o propio YouTube, aquí vos deixo o enlace: https://youtu.be/meLXFLl1FE8
O diálogo e narración están en francés (lingua máis empregada en Senegal) pero non vos preocupedes que para iso está o subtitulado!
Espero que sexa do voso agrado.
Unha aperta!

sábado, 25 de abril de 2020

Ola humanos


Xa comeza o fin de semana e trae boas noticias.  Queredes ver este vídeo donde contan as novidades e como podedes saír a rúa?  Que o disfrutedes!


Apertas de oso!






Vídeo de @mipsicologainfantil
Carmen Esteban

venres, 24 de abril de 2020

RETO 15

Ola pequenos e pequenas!!

Cómo estades? Recordade que hoxe por a tarde vémonos as 18h, para os que vos sumades hoxe por primeira vez ... temos programada unha chamada para hoxe a través de Zoom. Recordade que son 5 puntazos!

Pero mentras tanto hai que sumar antivirus co reto de hoxe!!


Mente en forma


Onte foi o día do libro, qué tal foi a celebración? 

Propoñemos con este reto que poñamos en practica a lingua de Rosalía de Castro.  
Queremos coñecer as vosas palabras favoritas en galego, que as busquedes no diccionario, que copiedes o significado e fagades unha frase con cada unha desas palabras.


Por exemplo:

Unha palabra moi favorita por a maioría dos galegos e galegas é MORRIÑA.

o significado de morrriña é SENTIMENTO E ESTADO DE ÁNIMO DEBIDO A NOSTALXIA DA TERRA.

Frase: Rosalía vive na China, ela está desexando voltar coa súa familia galega, sempre comenta que ten moita morriña e vota de menos a empanada de bacalao. 


Corpo en forma


E finalizamos o reto da semana con un pouco de estiramentos.

Os estiramentos é unha peza moi fundamental para o noso corpo, facendo que non se limiten moitos movementos que facemos grazas a ter os músculos ben estirados.


Na seguinte imaxe hai exemplos de como facer os exercicios e canto tempo hai que estar estirando, está enumerado para que sigades a orde. 

Ánimo! 









xoves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

Hoxe é o día internacional do libro, este día foi creado para fomentar a leitura e é unha a homenaxe a moitos autores que morreron no ano 1616 como Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega.

No noso colexio levamos o nome dunha autora moi importante para Galicia, Rosalia de Castro, foi quen salvou o galego nos séculos oscuros sendo a primeira persoa en escribir no idioma galego.


Rosalia de Castro | Poemas cortos, Frases bonitas, Historia de la ...

mércores, 22 de abril de 2020

RETO 14

MENTE EN FORMA:

Como mañán é o día do libro, para poñer a mente en forma neste reto seleccionamos unha obra que vos recomendamos para realizar unha lectura: Minimaladas, de Carlos López e ilustrado por David Pintor.

XUSTIFICACIÓN DA OBRA LITERARIA ESCOLLIDA.

Trata o mundo dos animais, que adoita resultar de interese para os nenos e nenas.
Narra de forma directa, imaxinativa e incluso as veces sarcástica e irónica, a situación dos animais.
Ofrece diversas interpretacións do contido das lecturas.
É un libro filosófico en certo modo que aborda cuestións de importancia ética e social así como de introspección persoal. Reformula os valores cívicos e sociais de xeito simplificado pero non simplista.
Ofrece ilustracións de cada historia cheas de significado.
A súa lectura é breve e sinxela.

O libro está composto por microrrelatos narrados en terceira persoa, pois o narrador non forma parte da historia e os protagonistas son os animais. Ademais trátase dun narrador omnisciente xa que coñece os sentimentos, pensamentos e emocións dos protagonistas.
As diversas historias que, como dixemos, fan referencia a sesenta animais, aportan un punto de vista sarcástico, filosófico, moral e irónico da vida, rutina ou situacións dos mesmos tratando de fomentar a introspección persoal e o pensamento activo dos rapaces e rapazas.

 Aínda que case todos os relatos parten dunha base temática animal, teñen moitísimas interpretacións, dependendo da perspectiva persoal. Dende a simpleza do texto pódense sacar algunhas cuestións para indagar de maneira filosófica; como o autoconcepto, a autoestima, valores sociais e cívicos... Traballa a ironía e a creatividade, a relativización de problemas e a beleza subxectiva como exemplos.

A continuación vamos a botarlle unha ollada a diferentes fragmentos do libro e reflexionar sobre eles para manter a nosa mente en forma!






Vamosnos centrar nunha das historias específicamente, a do cocodrilo. Ledea ben e tratade de solventar as seguintes preguntas:

1. Que opinades desta historia?
2. Sabedes de outros animais que sexan explotados para a elaboración de roupa e complementos?
3. Que alternativas empregaríades para acabar con este tipo de abuso?
4. Gustaríavos que esta práctica se erradicase?

Elabora tamén un cartel, logo ou slogan contra a explotación animal para a elaboración de roupa, complementos ou tecidos.



Cuerpo en Forma

Chic@s como xa sabedes mañá e o Dia do Libro, así que por que non, imos utilizalos tamén para o corpo en forma, pero recordade con que hai que facelo con cariño, os libros son moi importantes, no seguinte video podedes ver tres exercicios moi sinxelos e que seguro que vos gustaran!!



luns, 20 de abril de 2020

Como acceder a unha videochamada en Zoom?

Ola!
Este mércores as 18:00 temos unha cita!! Qué vos parece vernos a través de unha videochamada?
Sabedes que sumades 5 puntazos por cada participante?!!

A través da aplicación Zoom, e aquí vos deixamos un vídeo explicando como conectarse.

Agardamos que vos sexa de utilidade e o empreguedes moito connosco!



Reto 13


Comeza unha nova semana e tamén un novo reto, xa vamos por o reto 13! Noraboa! Cómo xa sabedes, levamos un mes co Xaque o virus.


É un bo momento para recordar que todos os retos que facedes son super importantes para sumar puntos e así vencer o virus, ademáis de estar na casa sempre con tarefas divertidas, tanto para a mente como para o noso corpo.

Estades a sumar moitos puntos e por iso facemos un breve repaso de como é o sistema de puntuación: 

As respostas son con unha foto do reto ou un vídeo á dirección de correo electrónico deste blogue: 

fapasrosaliadecastro@gmail.com

LEMBRADE QUE A FOTO VALE 1 PUNTO E O VÍDEO 10 PUNTAZOS!!!


Ademáis agora o facer as video chamadas tamén teñen premio, cada un de vos que se sume a video chamada que programamos, sumades outros 5 puntos por participante!


Aquí tedes o enlace para máis detalle das instruccións do xogo:

https://fapasrosaliadecastro.blogspot.com/p/instrucciones-del-juego.html


Ah, recodarde tamén que temos 24 horas para o envío das respostas, aqueles que se demoren moito teñen o risco de non poder sumar puntos!


Ánimo!



Mente en forma



A semana pasada tivemos a sorte de que nos contárades a vosa historia do voso nome.Hoxe gustarianos coñecer o voso arbol xenealóxico. Qué que é iso?É unha representación gráfica das raíces da nosa familia. Sirve para coñecer que lugar ocupamos de unha maneira organizada.Deixamos un exemplo para tomar referencias:






 

Esperamos o voso árbol!



Corpo en forma

Con este reto traemos un xogo moi divertido, no que tamén se pode sumar algún familiar para que vos axude!!


Teremos que facer o noso nome co noso propio corpo, qué como é iso?Moi sinxelo, podedes probar tanto no chan como de pé. Si votades un ollo a seguinte imaxe veredes algún exemplo. Para sumar puntos hai que facer unha foto con cada letra do voso nome.


Así que a mostrar a vosa estalicidade e inxenio!




















domingo, 19 de abril de 2020

"Museo de Belas Artes"

Museo de Belas Artes da Coruña é unha edificación moderna que se asenta no antigo convento das Capuchinas.

Presenta numerosas obras procedentes do Museo do Prado, pintura española e europea dos séculos XVI ao XX, e pintura galega do XIX e do XX. Expón tamén unha ampla colección de gravados de Goya e pezas de cerámica de Sargadelos.

Museo de Bellas Artes de A Coruña | Museos de GaliciaMuseo de Bellas Artes de A Coruña | Museos de Galicia



Museo de Bellas Artes de La Coruña - Wikipedia, la enciclopedia libre

Sen dúbida algunha é un lugar moi bonito onde unha visita sería moito enriquecedora para todos, cando teñades a oportunidade botalle un vistazo ao museo das Belas Artes da Coruña sen falta.

Un abrazo a todos!