Mente en forma
Feliz día guapis!! Hoxe luns e comeza unha nova semana. Que tal foi a primeira saída a rúa? Seguro que moi divertido e de maneira moi responsable.
Propoñemosvos unha receita dulce e refresecante:
• 1 cunca e 1/2 de iogur (de leite enteiro)
• 1 pexego
• 1/2 mango
• 10 frambuesas
• 1/4 cunca de azucre moreno de cana
• 2 culleradas de zume de mazá
• 1/2 cullerada de zume de lima
ELABORACIÓN
Nun cazo, combinamos o zume de mazá co azucre, e quentamos ata que o azucre se disolve por completo; deixámolo arrefriar.
No vaso dunha batedora, mesturaremos o iogur, o pexego, o mango, as frambuesas, o zume de lima e o zume de mazá. Batemos ata conseguir unha textura fina. Deixámolo arrefriar.
Se o desexamos, podemos engadir trociños de froita unha vez envorquemos a mestura nos moldes, como frambuesas, cereixas (sen óso), kiwi, plátano.
Vertemos a mestura nos moldes ou vasiños e introducímolos no conxelador. Se os moldes levan a opción de introducir o paliño facémolo neste momento. Se son vasiños, esperaremos uns 45 minutos e introducimos os paliños de madeira. Deixamos conxelar polo menos 6 horas.
Para servir, poñemos o vaso baixo o chorro de auga quente para que se separe das paredes, logo viramos o paliño de madeira para sacar o polo do molde.
Se non tedes moldes de polos, podedes utilizar uns vasos pequenos ou vasos normais e correntes, segundo a medida da que queirades o xeado. Bo proveito!!
Corpo en forma
A continuación para o corpo en forma imos mesturar diferentes exercicios de axilidade e de equilibrio.
Son mini xogos moi divertidos, esperamos que vos gusten. Hai que axudar a sumar antivirus! Ánimo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario