mércores, 29 de abril de 2020

Reto 17

MENTE EN FORMA

Apetécevos descubrir como crece unha planta día tras día? Pois hoxe vamos a sementar unha lentella. Porén, para facelo máis interesante, veremos que lle acontece ás prantas cando non reciben luz poñendo un vaso (onde sementaremos as lentellas) dentro dunha caixa e outro deixándoo fóra para que crezan.
No seguinte vídeo amosámosvos como facelo!


Despois dunha semana este será o resultado, as plantas do iogur de arriba son as que non estiveron á luz e, como vemos son moito máis brancas, por que pensades que pode pasar isto?


CORPO EN FORMA

Hoxe para activar o noso corpo vamos a adestrar un pouco a nosa flexibilidade cuns exercicios. No seguinte vídeo amosámosvos como superar o reto de hoxe.


Ningún comentario:

Publicar un comentario