domingo, 26 de abril de 2020

Binta e a grande idea

Binta e o seu pai, un humilde pescador que, preocupado polo progreso da humanidade, está empeñado en levar a cabo algo que se lle ocorreu. Escribe unha carta que acaba llevándoo ao gobernador. Mentres tanto, a prima de Binta, Soda, non pode ir á escuela xa que o seu pai non llo permite. Ao longo da cortometraxe, o profesor da escuela prepara unha función teatral, na que se narrá a historia dunha nena que quere ir á escola, pero que non lle deixan. Toda a película trata sobre eses dous temas paralelos: como o pai de Binta quere levar a súa idea a cabo e de como a nai de Soda e a propia nena queren convencer ao pai de Soda para que poda ir ao colexio.
Esta e a sinopse de Binta y la gran idea; o enlace de interese de hoxe.
Se vos apetece ver unha película e reflexionar un pouco convídovos a desfrutar da obra desta obra de arte dirixida por Javier Fesser.
Podedes acceder a ela dende o propio YouTube, aquí vos deixo o enlace: https://youtu.be/meLXFLl1FE8
O diálogo e narración están en francés (lingua máis empregada en Senegal) pero non vos preocupedes que para iso está o subtitulado!
Espero que sexa do voso agrado.
Unha aperta!

Ningún comentario:

Publicar un comentario