Como mañán é o día do libro, para poñer a mente en forma neste reto seleccionamos unha obra que vos recomendamos para realizar unha lectura: Minimaladas, de Carlos López e ilustrado por David Pintor.
XUSTIFICACIÓN DA OBRA LITERARIA ESCOLLIDA.
• Trata o mundo dos animais, que adoita resultar de interese para os nenos e nenas.
• Narra de forma directa, imaxinativa e incluso as veces sarcástica e irónica, a situación dos animais.
• Ofrece diversas interpretacións do contido das lecturas.
• É un libro filosófico en certo modo que aborda cuestións de importancia ética e social así como de introspección persoal. Reformula os valores cívicos e sociais de xeito simplificado pero non simplista.
• Ofrece ilustracións de cada historia cheas de significado.
• A súa lectura é breve e sinxela.
O libro está composto por microrrelatos narrados en terceira persoa, pois o narrador non forma parte da historia e os protagonistas son os animais. Ademais trátase dun narrador omnisciente xa que coñece os sentimentos, pensamentos e emocións dos protagonistas.
As diversas historias que, como dixemos, fan referencia a sesenta animais, aportan un punto de vista sarcástico, filosófico, moral e irónico da vida, rutina ou situacións dos mesmos tratando de fomentar a introspección persoal e o pensamento activo dos rapaces e rapazas.
Aínda que case todos os relatos parten dunha base temática animal, teñen moitísimas interpretacións, dependendo da perspectiva persoal. Dende a simpleza do texto pódense sacar algunhas cuestións para indagar de maneira filosófica; como o autoconcepto, a autoestima, valores sociais e cívicos... Traballa a ironía e a creatividade, a relativización de problemas e a beleza subxectiva como exemplos.
A continuación vamos a botarlle unha ollada a diferentes fragmentos do libro e reflexionar sobre eles para manter a nosa mente en forma!
Vamosnos centrar nunha das historias específicamente, a do cocodrilo. Ledea ben e tratade de solventar as seguintes preguntas:
1. Que opinades desta historia?
2. Sabedes de outros animais que sexan explotados para a elaboración de roupa e complementos?
3. Que alternativas empregaríades para acabar con este tipo de abuso?
4. Gustaríavos que esta práctica se erradicase?
Elabora tamén un cartel, logo ou slogan contra a explotación animal para a elaboración de roupa, complementos ou tecidos.
Chic@s como xa sabedes mañá e o Dia do Libro, así que por que non, imos utilizalos tamén para o corpo en forma, pero recordade con que hai que facelo con cariño, os libros son moi importantes, no seguinte video podedes ver tres exercicios moi sinxelos e que seguro que vos gustaran!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario