Comeza unha nova semana e tamén un novo reto, xa vamos por o reto 13! Noraboa! Cómo xa sabedes, levamos un mes co Xaque o virus.
É un bo momento para recordar que todos os retos que facedes son super importantes para sumar puntos e así vencer o virus, ademáis de estar na casa sempre con tarefas divertidas, tanto para a mente como para o noso corpo.
Estades a sumar moitos puntos e por iso facemos un breve repaso de como é o sistema de puntuación:
As respostas son con unha foto do reto ou un vídeo á dirección de correo electrónico deste blogue:
fapasrosaliadecastro@gmail.com
LEMBRADE QUE A FOTO VALE 1 PUNTO E O VÍDEO 10 PUNTAZOS!!!
Ademáis agora o facer as video chamadas tamén teñen premio, cada un de vos que se sume a video chamada que programamos, sumades outros 5 puntos por participante!
Aquí tedes o enlace para máis detalle das instruccións do xogo:
https://fapasrosaliadecastro.blogspot.com/p/instrucciones-del-juego.html
Ah, recodarde tamén que temos 24 horas para o envío das respostas, aqueles que se demoren moito teñen o risco de non poder sumar puntos!
Ánimo!
Mente en forma
A semana pasada tivemos a sorte de que nos contárades a vosa historia do voso nome.Hoxe gustarianos coñecer o voso arbol xenealóxico. Qué que é iso?É unha representación gráfica das raíces da nosa familia. Sirve para coñecer que lugar ocupamos de unha maneira organizada.Deixamos un exemplo para tomar referencias:
Esperamos o voso árbol!
Corpo en forma
Con este reto traemos un xogo moi divertido, no que tamén se pode sumar algún familiar para que vos axude!!Teremos que facer o noso nome co noso propio corpo, qué como é iso?Moi sinxelo, podedes probar tanto no chan como de pé. Si votades un ollo a seguinte imaxe veredes algún exemplo. Para sumar puntos hai que facer unha foto con cada letra do voso nome.
Así que a mostrar a vosa estalicidade e inxenio!
Ningún comentario:
Publicar un comentario