RETO 2: 25 de marzo de 2020
Proba Mente en forma
“ Marca goles desde a casa”
Hoxe propoñémosvos facer un futbolín con materiais reciclados e produtos que todos temos na casa.
Materiais
Unha caixa de cartón (caixa de zapatos, de galletas…)
Unha tesoiras ou cúter
Unhas baleas ou palitos de madeira
Pinzas da roupa
Pintura
Pegamento forte ou silicona quente
Un punzón ou un utensilio para facer buracos
Unha pelota de ping pong
Opcional: unha malla de laranxas, limóns ou outras froitas.
1. Colocamos os palitos de madeira as pinzas da roupa.
2. Unha vez colocados, poñémolos sobre a boca da caixa para ver a distancia á que queremos que quede cada unha das liñas de xogadores. Todos deberían ter a mesma separación. Debemos comprobar que unhas pinzas non molestan ás outras ao manexarse.
3. Cando teñamos o sinal de onde irán as nosas baleas, marcaremos o alto ao que teremos que colocar os palitos. Hai que ter precaución de que as pinzas non dean co chan da caixa.
4. Unha vez marcado o sitio onde imos poñer as baleas, é o momento de facer os buracos.
5. Unha vez que os temos nun lado da caixa, só temos que meter o palito e marcar o sitio onde debemos furar.
6. Pinta o pau e as pinzas da roupa de dúas cores diferentes, según os equipos.
7. Unha vez seco, mete o palito polos orificios da caixa.
8. É o momento de pegar as pinzas da roupa nas baleas. Tres pinzas para a dianteira e dúas para a defensa. Se a caixa é de maior tamaño, tamén podes poñer un palito máis cunha pinza que fará de porteiro.
9. Para decorar o futbolín podes pegar na parte exterior da caixa papel de agasallo que o adorne.
10. Debuxar un rectángulo en cada extremo da caixa e recortar o que será a portería.
11. Se queres, tamén podes pegar un pouco de malla de froita a modo de rede.
Proba corpo en forma
“Sube as escaleiras no chan”
1.Facer unha escaleira pintada no chan, con cinta ou esparadrapo, ou con pegatinas. Pode ser de 5 ocos.
2.Pisar cada cadro da escaleira cos dous pés 10 veces.
3.Saltar coa perna dereita ida e volta 5 veces, e cambiar coa outra perna para saltar a pata coxa tamén 5 veces.
4. Repetir o exercicio 3 veces durante o día.
Exemplo:
TodoVaiSairBen
QuedaNaCasa