venres, 27 de marzo de 2020

RETO 3

Reto 3: 27 de marzo



Proba Mente en forma

“A miña mascarilla”




Hoxe o reto é facer unha mascarilla. Para iso a continuación deixamos unha imaxe con un patrón para que poidades ter unha referencia. Pódedes facela con algún anaco de tela que teñades na casa e despois decorar con pinturas.
Queremos ver esas fotos coas mascarillas postas, tan só para estar na casa. 

Recorda #quedanacasa.














Proba Corpo en forma


Xogar con papel hixiénico



Seguimos facendo o exercicio...

1. Colocar no chan unha torre de 4 rolos de papel hixiénico. Posicionarse en plancha con unha das man en frente os rolos, e con esa man mover o papel a altura da outra.
Facer o mesmo coa man inversa.

2. De novo ter colocados os rolos de papel en unha torre, coas dúas mans e facendo un pequeño salto xiratorio facemos outra torre cos rolos.

3. Tumbarse boca arriba e coas pernas cruzadas esquivar unha torre feita con papel. Pódese probar diferentes alturas.

4. Colocar no chan diferentes rolos e en posición lateral ir tocando co pé que o papel. Repetir o exercico coa outra perna.

5. No chan facer unha fila cos rolos, saltar a pata coxa 10 veces e repetir coa outra perna.

6. En posición boca arriba, pasar o rolo de papel hixiéncio das mans os pés, axudandose de posicionar as pernas en 90 grados e subindo un pouco o tronco, estirando ben os brazos.

Exemplo



#QuedaNaCasa
#TodoVaiSairBen
#Ánimo

#XuntosSomosMaisFortes




Ningún comentario:

Publicar un comentario