Proba Mente en forma
Comeza unha nova semana, e isto e moi positivo porque vos da a posibilidade de sumar máis antivirus! Os retos que estades a facer teñen moito éxito! Noraboa!
Para o desafío de hoxe, propoñemos facer manualidades sinxelas e divertidas...quen me pode nombrar diferentes animais da selva?? Pois que vos parece ter unha pequena fauna na casa para axudarnos a loitar contra o corona virus?
Con materiais como trociños de cartón, de telas, coas pinturas favoritas, retamos a facer diferentes animais, usando como base o sobrante do papel hixiénico, eses tubos de cartón farán que poña en marcha a vosa imaxinación.
Deixamos unha foto de exemplo, e animádevos, cantos máis animais teñades na casa, máís antivirus estaredes sumando!
Ah! os que lle poñades o nome en galego, castelán e inglés, sumaredes máis puntos :)
Moito ánimo!
Proba Corpo en forma
O Xogo da Mariola
Seguimos a facer exercicio dende os nosos fogares.Hoxe imos facer un xogo moi ameno, no que poderemos xogar co resto de persoas da nosa casa.
Materiais
Para comezar a xogar só se necesita debuxar o campo de xogo, que o faremos nos, simplemente con 9 follas nos chega, debuxaremos en cada folla os números do 1 ao 9, por último poñeremos un pouco de celo a cada folla para suxetar ben ao chan.
Para comezar a xogar sortéase cal dos xogadores comeza a partida.Ao principio tírase a china (pedra, garbanzo, lentella…), na casiña un.
Realízase o percorrido como de costume, pero se se tocan as liñas
limitantes perderase a quenda e pasará ao xogador contrario.
Se a china non cae na casiña correspondente, tamén se perderá a vez.Cada xogador poderá tirar cantas veces poida, mentres a pedra non pise a liña ou saia desta.
Cando se perde a quenda e posteriormente se volve a xogar, pois xa pasou toda unha ronda de xogadores, empezarase a xogar onde se quedara anteriormente.
Normas
Para comezar, tírase a pedra na casiña un e sáltase á pata coxa, sen pisar na casiña que ten a pedra. Ao chegar ás casiñas divididas con dous números (as casiñas 4 e 5, e as casiñas 7 e 8 ), porase un pé en cada unha simultaneamente. Ao chegar á derradeira casiña, tamén dependendo das zonas, nunhas remátase o xogo e noutras séguese.
A continuación,tedes un vídeo de mostra:
#TodoVaiSairBen
#Ánimo
#XuntosSomosMaisFortes
Ningún comentario:
Publicar un comentario