luns, 23 de marzo de 2020

RETO 1

RETO 1: 23 de marzo de 2020


PROBA MENTE EN FORMA: "A unión fai a forza"


Este é un lema que debemos ter presente ao longo da nosa vida porque nos axudará a gañar moitas batallas e como non, esta non será menos. Pois empecemos por facer noso este lema e sabendo que todos temos que ser responsables nesta loita, fagámolo vivible con algo que resulta obrigatorio para todos, nestes días e que nos une e nos fai fortes.

O reto consiste en facer visible o lema #QuedaNaCasa en debuxos, carteis, pintura na cara ou da maneira que se vos ocorra.

Atrévesche?? Fácil non?? Pois adiante….


Exemplo

                                                    


PROBA CORPO EN FORMA: "Quentando motores" 


Para manterse en forma hai que exercitarse en casa. Propoñémosche facer 5 exercicios sinxelos para comezar ben o día: 

Exercicio 1: De pé e coas mans na cintura poñerse na punta dos pés. Repetir 10 veces.

Exercicio 2: De pé e coa mans na cintura virar o tronco á esquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces. 

Exercicio 3: De pé, facer 10 círculos cara adiante cos brazos.

Exercicio 4: De pé, facer 10 círculos cara atrás cos brazos.

Exercicio 5: De pé e coas mans na cintura virar a cabeza á esquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces. 

Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus. Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 20 puntos e 20 "antivirus"!!


Sistema de puntuación:
1 foto= 1 punto
1 video= 10 puntos


Cunha foto doutra persoa da casa ou dalgún amiguiño/a do teu cole que non estea nestas actividades gañarás 1 punto extra e, no caso de que envíe un vídeo serán 10 puntos extra.