Hoxe propoñémosvos seis xogos mentais cos que deberedes poñer a vosa mente a traballar. Debedes solventar o máximo de exercicios que vos sexa posible.
1- Comecemos cunha fácil, se estás correndo unha maratón e adiantas á persoa que vai en segunda posición, en que lugar estás ti agora?
2- O pai de María ten cinco fillas que se chaman Lala, Lele, Lili, Lolo e debes adiviñar o último nome.
3- Cal é o número que se atopa debaixo do coche?
4- Adiviña o resultado do número 2581 seguindo o seguinte patrón:
- 8809=6
- 2172=0
- 6666=4
- 8096=5
- 7777=0
- 1012=1
- 2313=0
- 2581= ??
5- Trata de sacar a moeda da copa (formada pola posición dos palillos) con únicamente dous movementos e que así sigamos tendo a mesma figura: unha copa.
6- Trata de debuxar esta figura sen separar o lápis do papel nin volver a pasar por ningunha das liñas debuxadas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario