martes, 14 de abril de 2020

"A Casa Grande de Xanceda"

Nos anos 60 Felipe e Victoria Fdez-Armesto, grandes amantes das vacas felices, déronlle vida a Casa Grande de Xanceda. Trouxeron desde Canadá 20 vacas frisoas para dedicarse á súa gran paixón. 

Aínda que nesa época non existía a agricultura ecolóxica certificada oficialmente, desde o principio evitaron o uso de pesticidas, herbicidas e outros produtos químicos por convencemento de que había unha forma máis responsable e respectuosa de producir lácteos, e que razón tiñan! 

Con esta visión e este convencemento a granxa foi crecendo e co cambio xeracional no 2002, a granxa xa alcanzara o seu tamaño actual.

O nome da granxa débese a unha casa do século XVIII situada nos terreos da granxa e na que actualmente teñen as oficinas e a Eco cociña.

Teñen unha visita virtual para coñecer todo o seu traballo.




Ningún comentario:

Publicar un comentario