venres, 10 de abril de 2020

Reto 9


Corpo En Forma

Hoxe no corpo en forma, o noso monitor de Baloncesto Pietro, traenos  un divertido xogo

Como podedes ver no vídeo, so teremos que  poñer un cubo (da ropa, papelera....) e con os nosos zapatos marcar 3 sitios dende onde encestar a pelota ou o que utilicemos pra encestar

Tiraremos 3 veces dende cada liña, valendo un punto o máis preto, dous o seguinte e tres o máis alonxado. Ao final sumaremos os puntos e veremos que gaña. MOITA SORTE RAPACES!!







MENTE EN FORMA

Hoxe vamos xogar a ser grandes científicos e para iso faremos dous experimentos clásicos. Vós deberedes explicar por qué acontece o que o experimento amosa. Para iso podedes empregar a imaxinación ou indagar na internet.


  • 1º EXPERIMENTO: o ovo que flota: só preccisamos de auga, sal e un ovo para que este flote! Facédeo como se vos amosa no seguinte vídeo.




  • 2º EXPERIMENTO: a auga que non cae razas a un papel. O normal é que o papel se molle en contacto coa auga, se non me credes provádeo antes de facer o experimento, porén, nós darémoslle a vólta ao vaso e a auga non caerá grazas a un só papel. Provao ti mesmo se non mo cres!


Ningún comentario:

Publicar un comentario