MENTE EN FORMA: Damos grazas a todas aquelas persoas que seguen a traballar
Cada vez queda menos para vencer ao virus! Debemos darlle as grazas a todas aquelas personas que seguen traballando para que nós poidamos comer, curarnos, provirnos de medicamentos para cando estamos enfermiños, etc.
Por isto a actividade de hoxe consiste en darlle as gazas a farmacéuticos, traballador@s de supermercados, transportistas, sanitari@s e todas aquelas persoas que seguen traballando nesta situación mediante un debuxo, un poema ou un texto de agradecemento.
Mans á obra!
CORPO EN FORMA: O xogo dos bolos
Para este xogo precisamos de 6 bolos e unha pelota para derribalos.
1. Os bolos poderán ser vasos, botellas ou outros materiais que atopemos na casa. Situaremos no chan os bolos en forma de triángulo (como vedes no vídeo). Para que sexa un pouco máis difícil derribar o obxectivo podemos encher as botellas de auga, ou arroz
2. Ter unha pelota sería o ideal mais quen non a teña pode empregar calquera obxecto esférico como por exemplo unha laranxa.
Procedemento: Tras situarse os bolos na disposición suxerida no paso primeiro (en triángulo), alonxarémonos un pouco deles coa nosa "pelota" para poder tiralos. poderase lanzar a esfera coa man ou co pé.
Cantos bolos eres capaz de derribar en 10 tiradas?
Pietro fainos un exemplo:
PARA QUE POIDAMOS COMPARTILAS NO BLOG... debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón:
LEMBRA ENVIARNOS AS TUAS RESPOSTAS CO TEU NOME.
E RECORDADE A PUNTUACIÓN…
- FOTO: 1 PUNTO
- VIDEO: 10 PUNTOS
- FOTO DOUTRO FAMILIAR OU AMIGUIÑ@ DO COLE: 1 PUNTO EXTRA
- VIDEO DOUTRO FAMILIAR OU AMIGUIÑ@ DO COLE: 10 PUNTOS EXTRAS
Biiien Prieto!!
ResponderEliminar