Ola a todos e todas, que tal levades o domingo? Hoxe deixámosvos unha aplicación que se chama "escribir bien es de guapas", moi útil para aprender ortografía de forma divertida desenvolta pola famosa Veciña Rubia, un personaxe famoso no mundo das redes sociais.
Ao abrir a aplicación hai diversas posibilidades para enriquecer o noso vocabulario como se ve na páxina principal.
Dispoñemos dos "rubitips" que onde podemos revisar as normas de acentuación, os ditongos e hiatos, o uso do "b" e "v" e moitos máis. A veciña rubia dános consellos para lembrarnos das normas ortográficas de forma sinxela.
No apartado de "rubiconsultas" a veciña rubia publica noticias interesantes e novidosas sobre a ortografía.
Tamén existe un xogo que se chama "game of guapas" onde se pon a proba todo aquilo que aprendestes coa aplicación e no colexio.
No apartado "leyendas rubiurbanas" amósanse palabras que se adoitan escribir de forma errónea e explica como é a forma correcta de escribila.
Que vos parece? Nos dende logo pasamolo moi ben indagando na APP. Animádesvos a poñer a proba os vosos coñecementos en ortografía?
Ningún comentario:
Publicar un comentario