sábado, 30 de maio de 2020

Despedida



Grazas por participar no XAQUE AO VIRUS!


Remata o mes de maio e tamén o xogo dos retos e probas... queremos desexarvos un feliz verán pero sempre con sentidiño!

Sodes uns campións e quedou demostrado o longo do confinamento... recordade que tendes os vosos premios a partir do luns dispoñibles para recoller.


Moitas apertas virtuais! Ata pronto!




 

xoves, 28 de maio de 2020

Diplomas e medallas

Moi boas!!




Para  aqueles  nenos e meniñas participantes en  XAQUE  AO VIRUS  
recordade  recoller os  vosos 
diplomas e medallas! 


Onde? no  Fórum Metropolitano 
Cándo?  os días 1,2 e 3 de xuño
Hora? de 16:00  a 18:00


Lembrade que  tedes que identificarvos na entrada do recinto e acudir con mascarilla. 

Campamentos de verán


XAQUE AO VIRUS CHEGA AO SEU FIN, PERO AÍNDA QUE REMATEMOS UNHA ETAPA INICIAMOS OUTRA.

ANTE A NECESIDADE POR PARTE DAS FAMILIAS DE CONCILIAR, PODEREMOS GOZAR COS CAMPAMENTOS DE VERÁN 2020





A Federación Provincial de ANPAS, conxuntamente co Concello da Coruña, co fin de dar resposta ás necesidades de conciliación das familias, oferta unha proposta de actividades multidisciplinares para este período vacacional. 

A estrutura é semellante aos Campacoles de edicións anteriores, pero neste caso exclusivamente para as familias (ambos proxenitores ou familias monoparentais) que xustifiquen a necesidade de conciliar, xa que este é o eixo principal desta proposta. 

O programa "CON CILIA NO COLE" levarase a cabo en diferentes colexios públicos da cidade.



PREMENDO NOS SEGUINTES ENLACES PODEREDES VER TODA A INFORMACIÓN SOBRE O PROGRAMA 
"CON CILIA NO COLE" 
E TODO O RELATIVO AOS CAMPAMENTOS DE VERÁN:





SE PRECISADES MÁIS INFORMACIÓN TAMÉN PODEDES ACCEDER Á WEB DA 
FEDERACIÓN PROVINCIAL DE ANPAS 
ONDE FACILITAN UN CORREO ELECTRÓNICO E NÚMEROS DE TELÉFONO:


mércores, 27 de maio de 2020

Último reto!

Bos días raparigos e raparigas!

Mente en forma


Qué tal estades a levar a semana? Este reto non consiste en escribir, tampouco en facer manualidades, soamente vos propoñemos que vos poñades cómodos e vexades o seguinte vídeo. 



"Cordas" é a segunda curtametraxe de Pedro Solís García. 



"Cordas" foi o gañador do Goya 2014 na categoría de "Mellor curtametraxe de animación español".

Esperamos que sexa do voso agrado.



Cuerpo en Forma



Despois de todo o exercicio que fixemos este confinamento, toca estirar, así que esperamos os vosos vídeos facendo un estiramento xeral...











luns, 25 de maio de 2020

Reto 28

Mente en forma
Que mellor forma de adestrar a nosa mente ca un crucigrama? Porén, propoñémosvos un máis entretido ca os que adoitan facer os adultos: as definicións que debedes concretar e situar nas correspondentes celas do crucigrama son do mundo Disney. Seredes quen de completalo?




Corpo en forma 
Hoxe temos que facer unha pequena sesión de estiramentos, soamente hai que seguir as indicacións do video de abaixo!!





Entrada de balde!


Bos días :) Hoxe comeza a semana e que mellor que unha actividade de contacontos para divertirse!
Vémonos as 16 horas!





AH!! E recordade enviar o correo para conseguir as entradas para mañá!




sábado, 23 de maio de 2020

Plannin semanal





CONTINUAMOS COA DIVERSIÓN ON-LINE.

ESTE É O CALENDARIO DA VINDEIRA SEMANA


RESERVA A TÚA PRAZA ENVIANDO UN CORREO  ELECTRÓNICO AO ENDEREZO DESTE BLOGUE.
 
ENVÍAREMOSCHE A ID E O CONTRASINAL PARA ACCEDER DIRECTAMENTE A  SESIÓN ESCOLLIDA A TRAVÉS DA APLICACIÓN  DE ZOOM.